Pone en marcha Deputación el programa "Camiña con Nos" - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

27/1/10

Pone en marcha Deputación el programa "Camiña con Nos"

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación Provincial de Pontevedra anunciou hoxe a adxudicación provisional da xestión do programa “Camiña con nós” á axencia de viaxes Inter-Rías por valor total de 186.000 euros. Esta iniciativa do organismo provincial súmase á celebración do Ano Xacobeo mediante un programa que achegará a preto de 8.000 rapaces ó Camiño Portugués de Santiago.
O vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa, explicou hoxe que este programa, que se desenvolverá ó longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño próximos, permitirá a todos os escolares pontevedreses participar na peregrinación xacobea, un dos inequívocos sinais da identidade cultural europea, e tomar contacto coa riqueza natural, patrimonial, cultural e social do Camiño Portugués. Así mesmo, poderán compartir esta actividade con nenos e nenas doutros centros educativos, experimentando a capacidade para crear lazos de amizade e compañeirismo que posúe esta ancestral ruta.

Poderanse beneficiarse deste programa os escolares de 3º e 4º da ESO, sempre que se forme grupo dun mínimo de 20 escolares por cada centro. O prezo máximo da actividade será de 25 € por neno, dos que a Deputación fará unha achega de 15 € por cada participante, sendo a cantidade a aboar por cada rapaz dun máximo de 10 €, que poderá ser aminorada no caso de que o prezo resultante da adxudicación sexa inferior ó prezo máximo de licitación (25 €). En canto as gratuidades para mestres acompañantes, será dunha por cada dez rapaces participantes.

Inscrición e percorrido
Os centros educativos serán os encargados de enviar o formulario de inscrición á Deputación de Pontevedra, antes do día 20 de febreiro de 2010. O número de prazas ofertadas ascende a 7.758; estas serán outorgadas por rexistro de entrada aos centros que reúnan os requisitos e envíen toda a documentación debidamente cuberta.

A actividade desenvolverase durante unha xornada completa, dividida en dúas sesións distintas. Pola mañá, os diferentes grupos de escolares percorrerán un tramo do Camiño (cunha dificultade media-baixa) que escollerá o centro educativo entre as seguintes etapas: Valença do Miño-O Porriño, O Porriño-Redondela, Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-Padrón e Pontecesures-Milladoiro. Xa pola tarde, logo do xantar que terá lugar nun restaurante próximo ó tramo percorrido, os grupos realizarán unha visita cultural ó Museo de Pontevedra, ó Castelo de Soutomaior ou a un albergue de peregrinos.

“Camiña con nós” porá a disposición de cada grupo un autobús para realizar todos os traslados necesarios dende o Centro Educativo ata o lugar de saída do tramo escollido, así como un vehículo todoterreo de apoio con auga e botiquín de primeiros auxilios que irá detrás dos grupos durante todo a Camiño. Ó rematar a actividade os participantes recollerán a credencial oficial do peregrino e realizarán unha ofrenda co botafumeiro funcionando. 

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here