La exposición Galicia Dixital llega a Soutomaior - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

La exposición Galicia Dixital llega a Soutomaior

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A Secretaría Xeral de Medios inaugurou hoxe en Soutomaior a exposición itinerante Galiciadixital coa que pretende achegar a todos os visitantes do concello e comarca o audiovisual e o multimedia realizado en Galicia. A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, en representación da Secretaría Xeral de Medios, fixo fincapé no carácter didáctico da mostra e destacou o interese da Secretaría en achegar tamén as novas tecnoloxías e o mundo audiovisual de Galiciadixital aos peregrinos con motivo do Ano Santo.


Pola súa banda, durante o acto, o alcalde do municipio, Agustín Reguera, acompañado doutras autoridades e colectivos locais, aproveitou a ocasión para agradecer a oportunidade que a Secretaría Xeral de Medios ofrece ao concello e animou aos veciños de Soutomaior e comarca a visitar a mostra que estará aberta ao público en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas ata o vindeiro domingo.

A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, e así o demostra o gran éxito que está a acadar nas localidades que a acollen.

A exposición itinerante chega a Soutomaior dende o municipio de Lugo, onde, no hospital Xeral Calde de Lugo, recibiu a visita de case seiscentas persoas.

Contidos da exposición itinerante
O visitante somérxese nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en 3 dimensións como por exemplo as “Cidades do Camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas máns por aquelas cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.

Co “Tiraboleiro virtual” o visitante será o protagonista dunha das tradicións máis emblemáticas da nosa cultura, o uso do botafumeiro da Catedral de Santiago. O espectador convírtese nun tiraboleiro máis.

“Axóuxere” é un canciño robotizado que fala galego e interactúa coa xente. En modo automático o can atende a comandos de voz para que xogue coa súa pelota. E así ata oito contidos diferentes que permiten ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.

Outros sete contidos máis completan a exposición que estará no Multiusos de Arcade ata o domingo. A entrada é de balde para todos os públicos.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here