Galicia colaborará coa Axencia Estatal Antidopaxe na loita contra a dopaxe no deporte - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Galicia colaborará coa Axencia Estatal Antidopaxe na loita contra a dopaxe no deporte

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Galicia colaborará coa Axencia Estatal Antidopaxe na loita contra a dopaxe como confirmou hoxe o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, tras o encontro que mantivo o presidente deste organismo, Francisco Javier Martín do Burgo. O encontro produciuse no transcurso das terceiras xornadas de traballo sobre saúde e loita contra a dopaxe no deporte que se desenvolveron hoxe en Madrid.


Esta colaboración plasmarase nun convenio que ten como obxectivo a realización das actividades materiais de prevención, de protección da saúde e de loita contra a dopaxe no deporte, así como a execución e impulso dunha política de investigación en materia de control da dopaxe e da protección da saúde do deportista.

El convenio establecerá o necesario mecanismo de cooperación entre as Administracións autonómica e estatal neste ámbito de actuación deportiva e, tamén, de protección da saúde xa que a loita contra a dopaxe se constitúe como unha das actuacións prioritarias no ámbito deportivo, ao incidir, non só nas eventuais adulteracións das regras do xogo, senón tamén, e sobre todo, na saúde dos deportistas que debe ser, en todo caso, obxecto de protección.

O destacado desta materia queda, por outra banda, refrendado pola ampla regulamentación, nacional e internacional, existente, extremo este que tamén ten reflexo na normativa galega, ao considerar como falta moi grave a propia Lei do Deporte de Galicia, e en todo caso, “a utilización, incitación ou favorecemento do uso de substancias ou fármacos prohibidos e a negativa a someterse aos controles dos mesmos establecidos regulamentariamente”.

O convenio proposto ven establecer, prioritariamente, a presentación formal da Axencia na Comunidade Autónoma de Galicia e a posta a disposición dos materias propios da mesma, entre outros extremos de importancia relativos ao ámbito material afectado. Así mesmo, prevé a posible subscrición de convenios específicos entre a Axencia e os distintos organismos da Comunidade autónoma, para aqueles casos nos que as actuacións a desenvolver conxuntamente precisaran de instrumentos de cooperación máis concretos.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here