Deputación presenta un novedoso servizo de intermediación laboral - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Deputación presenta un novedoso servizo de intermediación laboral

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, presentou hoxe un novedoso servizo de intermediación laboral (SILAP) centrado no eido da atención a persoas. Este proxecto materializase nunha ferramenta ou base informática de cruce de datos e unha oficina, ámbalas dúas deseñadas polo organismo provincial co obxectivo de dar información, orienta¬ción e facilitar a inserción laboral de persoas preparadas nos ámbitos de axuda no fogar, coidado infantís, limpeza e lavandaría, e traballo en residencias.


Esta nova iniciativa está incluída no Pacto Local polo Emprego Provincial que está a desenvolver a Deputación, a través do Proxecto Aquelando 2, un proxecto sub¬vencionado polo FSE dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego”, que está a acadar un gran éxito no presente edición.

Deste xeito, o Servizo de Intermediación Laboral encargarase de recompilar ofertas de emprego diarias en prensa, Internet e outros medios; recabar os datos de demandantes de emprego no ámbito da atención a persoas, informar das ofertas ás persoas que se axusten ao perfil solicitado, colaborar coas empresas e particulares que o soliciten na busca de persoal; atender de xeito personalizado e asesorar sobre técnicas de busca de emprego ás persoas que se acerquen ao servizo; e facilitar equipamento informático ás persoas usuarias do servizo.

Para elo, creouse unha base de datos na que se introducen, dun lado as reseñas dos solicitantes de emprego (na actualidade xa están rexistrados unhas 750 persoas), e doutro os datos das empresas demandantes, para posteriormente cruzalos e obter o traballo máis adecuado para cada profesional. «Esta é unha iniciativa máis coa que a Deputación quere fomentar a creación de emprego na provincia», afirmou a vicepresidenta provincial, quen considera que a atención as persoas «é un sector en constante crecemento no que aínda queda moito por facer».

Os destinatarios desta iniciativa serán, polo tanto, cidadáns da provincia que buscan traballo no sector de atención a persoas, así como empresas e particulares que demanden profesionais na realización de servizos neste ámbito. As persoas interesadas en traballar no eido de atención a persoas e queiran incluírse nesta bolsa de emprego poden dirixirse a: PROXECTO AQUELANDO 2 (Centro Príncipe Felipe. Avda. Montecelo, 12, PONTEVEDRA. Tlf.- 986 804 100. Email: aquelando@depo.es).

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here