Competición de Figuras de Base 09-10 de natación sincronizada, este sábado en Marín - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Competición de Figuras de Base 09-10 de natación sincronizada, este sábado en Marín

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A piscina da Escola Naval Militar de Marín acollerá este sábado, día 30 de xaneiro, a Competición de Figuras de Base 09-10 de natación sincronizada. O evento, organizado pola CNS Sincronizada Pontevedra e a FEGAN, conta, entre outros, co patrocinio da Deputación de Pontevedra.
Este evento dará cita a 125 nadadoras, 46 participan na categoría Base I e 79 na de Base II. Pola súa banda o CNS de Pontevedra aportará 27 deportistas, sendo 11 de Base I e 16 de Base II.
A categoría Base I inclúe a nadadoras nacidas no ano 1998 e posteriores (ata os 12 anos), mentres que en Base II estarán as nacidas en 1997 (maiores de 12 anos). En canto á fórmula de competición, cada participante realizará catro figuras, dúas obrigatorias e dúas opcionais. Dentro da categoría Base I será obrigatoria a realización dun mortal de espaldas encollido e un veleiro alternativo, e entre as figuras opcionais se encontra a marsopa e a peixe espada. Pola súa banda, na categoría Base II obrigarase á posta en escea da postura coñecida como perna de ballet simple e un mortal de fronte en carpa, e darase a opción de realizar a figura denominada neptuno e a barracuda.
Os clubs participantes, procedentes das catro provincias galegas, ascenden a oito: Aguamarina (achega a 14 nadadoras), Acuatic Coruña (5), Sincro Ferrol (13), Portamiñá (7), Sincro Ourense (21), Natación Galaico (12), RCN Vigo (26) e Sincro Pontevedra (27).
As sesións comezarán pola mañá ás 11:00 horas e pola tarde ás 17:00, tendo en conta que o quentamento comezará unha hora antes (ás 10:00 e 16:00 horas, respectivamente). Na sesión matinal levaranse a cabo as figuras obrigatorias dos dous niveis; na vespertina realizaranse as optativas de ambas categorías tamén. O fin da xornada terá lugar un desfile no que participarán as 125 nadadoras participantes e se fará entrega dunha medalla a cada unha das tres primeiras clasificadas de cada categoría.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here