A COGAVE expresa o seu sentido adeus ao dirixente veciñal Carlos Aira - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

28/1/10

A COGAVE expresa o seu sentido adeus ao dirixente veciñal Carlos Aira

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- Nestes momentos difíciles a Confederación Galega acompaña no sentimento de perda á súa Presidenta Elena González, así como á súa familia, amigos, coñecidos e aos milleiros de persoas que o botarán tanto de menos. Pero tamén a todos eles lles desexa ánimo e valor para seguir adiante coa tarefa iniciada por Carlos e para que o seu exemplo de loita e ilusión permaneza por sempre entre todos nós.
As Federacións Galegas de Asociacións Veciñais que integran a COGAVE manifestan o seu profundo pesar polo tráxico falecemento do representante veciñal Carlos Aira. O movemento veciñal de Galicia botará en falta a unha persoa tan familiar, tan cercana, que sempre deu o mellor de si para que calquera iniciativa que servise a mellorar a vida da cidadanía ou defender os seus dereitos saise adiante. O seu labor incansable era moi importante tanto a nivel de barrio como no movemento veciñal de Galicia no que se sentiu implicado desde o primeiro momento e do que participou en tantos e tantos proxectos.
Federación de AA. de VV. de Pontevedra “Castelao”
Federación AA.VV. de Ourense “Limiar”
Federación Veciñal de A Coruña e Area Metropolitana
Federación Veciñal “Lucus Augusti” de Lugo
Federación Veciñal Pedra dos acordos do Val do Miñor
Federación Veciñal “ O Facho” Cangas de Morrazo
Federación Veciñal “A Chamusca” de Moaña
Federación Veciñal “Río Xordo” de Ferrol
Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here