Caixas : a vueltas con la fusión en el Consello Económico Social de Vigo - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

27/1/10

Caixas : a vueltas con la fusión en el Consello Económico Social de Vigo


A FAVEC excusa a súa ausencia no C.E.S. que tratará a fusión das caixas e achega as cuestións que a xunta directiva prantexa de cara ao debate
A representación da Federación Veciñal “Eduardo Chao” non poderá asistir á cita do Consello Económico e Social que o xoves 28 de xaneiro abordará as posibles fusións entre caixas de aforros. Esta entidade quere excusar a súa ausencia debido ao tráxico falecemento do marido da presidenta e posto que a representación é nominal e recae directamente sobre a súa persoa ou a suplente que tamén se atopa moi afectada.
Non obstante a FAVEC quere trasladar á opinión pública a profunda preocupación cidadá porque as decisións que afecten á veciñanza de Vigo, depositarios en boa medida das dúas caixas de aforro, se tomen atendendo aos seus intereses. Por tal motivo, antes de adoptar unha posición definitiva a xunta directiva, reunida o 26 de  xaneiro acordou incorporar ao debate do C.E.S. 3 preguntas que ata o momento ninguén logrou clarificar:
1. Cal é a repercusión en termos de veciñanza dun proceso de fusión, non fusión ou doutro tipo de alianzas entre caixas?
2. Queremos facer unha chamada de atención á falta de unidade das forzas políticas presentes neste concello en canto ao futuro das caixas, o que crea inseguridade, desorientación e división na propia veciñanza. Pedimos polo tanto un debate sincero, pensando no mellor para Vigo, para o achegamento de posturas  ante este tema tan importante para o noso futuro económico.
3. ¿Garántese que a porcentaxe dos rendemento destinados á obra social se manterá para o futuro en Vigo, por calquera das vías, en proporción á cantidade que achega a cidadanía viguesa? Nós apoiaremos o sistema que demostre que inviste maior beneficio en obra social para  a Vigo.
     Xosé Couñago Ribeira


Post Bottom Ad

Responsive Ads Here