Caixas : Guillerme no ve claro el protagonismo del Banco de España... - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Caixas : Guillerme no ve claro el protagonismo del Banco de España...

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, avaliou hoxe as últimas informacións aparecidas nos medios a respecto dun eventual recurso do Goberno español contra a Lei de Caixas e verbo tamén do papel que está a desenvolver neste proceso o Banco de España.

Inquerido a este respecto por unha xornalista, o líder do BNG manifestou que, de se confirmar a hipótese do recurso de inconstitucionalidade do Estado contra a lei de caixas, se poría de relevo que “o BNG tiña e ten razón nos seus plantexamentos”. E engadiu: “Aquí só cabe unha explicación. A que nós vimos sostendo desde o principio. Hai un intento clarísimo do poder central de espoliar o aforro galego. É así. Trátase de espoliar o aforro galego. De levar o aforro deste País, de deslocalizalo, de poñelo ao servizo do desenvolvimento territorial e social doutras comunidades do Estado”.

O eventual recurso e os argumentos que manexa o Goberno central poñen en evidencia “que esta Lei de Caixas galega era necesaria” e que “é unha boa Lei de Caixas para defender os intereses do noso País”.

“Dito isto, naturalmente agardamos os acontecimentos”, sinalou, para, a seguir, afirmar que “o papel que está a xogar o Banco de España non é un papel neutral: é un papel claramente político” e que se enmarca nunha estratexia que vén definida polo FROB, a estratexia da progresiva deslocalización, bancarización e privatización das caixas de aforro.


Advertiu o líder do BNG ao Goberno central que “pense” no que está a facer porque de actuar contra a Lei de Caixas galega o que se estaría é a perpetrar “un ataque á capacidade de decisión que temos os galegos e as galegas”.

Neste escenario, o portavoz nacional considera “máis necesaria que nunca” unha Posición de País “para enfrentarnos, e dígoo con toda claridade, a aqueles que queren espoliar os nosos recursos”.

Nesa Posición de País “deberíamos estar todos, forzas políticas, sindicais, empresariais” para garantir que “o centro de decisión do sistema financeiro galego fique en Galiza e non se deslocalice”. “Están en xogo os aforros dos galegos e das galegas e onde se van investir prioritariamente, se aquí ou fóra”, dixo. “Temos que reaxir como unha sociedade que defende o seu frente a aqueles que nos queren facer desaparecer”, salientou.

O asalto ao aforro galego lémbralle ao portavoz nacional pasados espolios sufridos por Galiza. “Hai moitos anos, cando Galiza producía enerxía eléctrica a varrer, moitos dos nosos pobos, aldeas e mesmo certos bairros das cidades, dispuñan dun mal subministro eléctrico, mentres a enerxía que producíamos se exportaba a mansalva para financiar o desenvolvimento doutros territorios do Estado. Só faltaría que agora repetisen a operación co aforro galego”, concluíu.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here