Caixas : el teniente de Alcalde de Vigo discrepa abiertamente en público de la estrategia del Alcalde - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Caixas : el teniente de Alcalde de Vigo discrepa abiertamente en público de la estrategia del Alcalde

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).-O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este martes o seu desacordo coa convocatoria do Consello Social de Vigo o vindeiro xoves por parte do alcalde “para pedirlle que se posicione sobre a Lei de Caixas e pretender aprobar unha moción para que se manifeste contra a fusión”. En resposta aos medios, lamentou discrepar co alcalde ao respecto, pero asegurou que dende o BNG nunca se convocaría o Consello Social para solicitar o seu apoio á fusión.

O nacionalista dixo que o alcalde ten a potestade de convocar este foro, pero entende que non se debe convocar para buscar o respaldo á posición dunha opción política. “O Consello Social ten unha función moi clara, que é a de ser un órgano consultivo sobre políticas que se establecen dende o goberno local e que afectan á cidade ”, explicou. Neste sentido indicou que a fusión das caixas “non é un tema de Vigo, senón un tema político”, que está avalada por un informe que di que é solvente e eficaz. Sinalou que ao respecto existen dúas posturas, a que defende a fusión das caixas galegas e a que prefire que as dúas entidades se vaian para fóra de Galiza, e que cada forza política que integra o goberno local se manifesta a prol dunha delas.


Segundo explicou o tenente de alcalde, ao Consello Social non se lle pode pedir que se manifeste a prol ou en contra dunha teoría política”, sobre todo tendo en conta que entre os seus representantes tampouco hai unanimidade. Defendeu que aos colectivos “hai que escoitalos” e indicou que o alcalde se ten reunido con diversos colectivos, “como teño feito eu”, para informalles e escoitalos. “Ata aí pódese chegar”, subliñou o nacionalista.

Santi Domíngeuez alertou de que os colectivos que se manifesten na xuntanza do xoves a prol ou en contra da fusión “estarán facendo unha manifestación a prol dunha acción política, e non a prol da cidade”.

Reunión cos comerciantes
Por outra banda, e tras a xuntanza que mantivo cos representantes das asociacións de comerciantes da cidade, Santi Domínguez salientou a importancia de que a cidadanía conte con información completa sobre á Lei de Caixas e as consecuencias da posible fusión “co obxectivo de que teña unha visión o máis obxectiva posible”. Indicou que esta reunión cos comerciantes se enmarca na rolda de encontros informativos que mantén dende hai semanas con distintos colectivos da cidade. “Intento explicar a posición do BNG sobre a fusión das caixas, pero non insto a que ningún colectivo se manifeste”, sinalou.

Respecto á participación do gobernador do Banco de España, Miguel Angel Fernández Ordóñez nun almorzo hoxe no Club Financiero de Vigo, o tenente de alcalde manifestou que ten “todo o dereito do mundo a visitar a cidade que considere e participar no foro que queira”. Porén alertou de que “son os de fóra os que veñen a dicirnos o que temos que facer. Primeiro veu Rato e agora Ordóñez”, e subliñou que dende o BNG “seguimos defendendo que somos os galegos e galegas os que temos que decidir”.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here