BNG quiere que el conselleiro Varela se coma sus palabras con una reprobación en toda regla, mientras el gobernante dice no haber ofendido a nadie - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

27/1/10

BNG quiere que el conselleiro Varela se coma sus palabras con una reprobación en toda regla, mientras el gobernante dice no haber ofendido a nadie

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz de Cultura e deputada do BNG, Ana Pontón pediu hoxe no Parlamento galego, a través dunha Proposición non de lei, á “reprobación” das declaracións “ofensivas e lesivas” contra a cultura galega realizadas polo titular da Consellaría de Cultura, así como o posicionamento do propio Presidente da Xunta para que “rompa o seu mutismo” e diga de lado de quen está, “se do noso país ou dos que o agreden”.


A deputada nacionalista afirmou que as declaracións realizadas polo Conselleiro de Cultura a semana pasada, son “a pinga que colma o vaso” e constitúen, “ un insulto aos nosos creadores/as” ademais de ser impropias, cuestionan a súa capacidade e idoneidade para seguir ao fronte deste departamento.

Pontón lembrou que o BNG en sede parlamentar pediu que o Conselleiro rectificara as súas declaracións coas que se estreou despois da súa toma de posesión no cargo cando afirmou que “a cultura galega limita” e daquela, dixo a deputada non rectificou pero agora, engadiu, volve ao ataque contra a nosa cultura afirmando que “está ensimismada e acomplexada”.

A deputada do BNG considera “un despropósito” que un Conselleiro de Cultura se dedique a “insultar e menosprezar” ao pobo galego e –ao seu xuízo- está situación e anómala e non sucede en ningún país do mundo e de suceder, dixo, o presidente de calquera goberno cesaríao de maneira fulminante.

Ana Pontón afirmou que o Conselleiro de Cultura “non sirve de interlocutor cos axentes culturais de Galiza” que dende hai nove meses lle están a solicitar diálogo que o responsábel de Cultura nega reiteradamente.

Para Ana Pontón , que un grupo de escritoras e escritores con premios estatais e de recoñecido prestixio na escrita pidan a dimisión do Conselleiro é “un acto de defensa da nosa cultura” e a actitude de Roberto Varela responde calramente a unha política de acoso e derribo contra os nosos sinais de identidade.

A deputada do BNG concluíu asegurando que o modelo de Feijoo, poñendo ao frente das institución culturais a persoas alleas a cultura galega, é “un fracaso”.


Finalmente, Ana Pontón considerou que o Parlamento galego non pode permanecer a marxe da grave situación creada polo Conselleiro de Cultura que n¡n sequera foi quen de formar, a estas alturas, a súa equipa.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here