Baja considerablemente el número de accidentes laborales : cifras del pasado diciembre - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Baja considerablemente el número de accidentes laborales : cifras del pasado diciembre

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- Galicia rexistrou, no pasado mes de decembro de 2009, un total de 2.587 accidentes laborais, o que supón un descenso do 20,8 por cento con respecto aos datos do mesmo mes de 2008. En termos absolutos, isto tradúcese en que houbo 678 accidentes laborais menos.
Esta diminución reflectiuse en todas as provincias galegas, especialmente en Pontevedra, onde a baixada foi do 33,8 por cento (481 accidentes menos). A continuación, sitúase Lugo, cun 12,7 por cento (42 accidentes menos), seguida de Ourense (11,1 % e unha baixada de 30 accidentes) e, finalmente, Coruña, cun descenso do 10,06 por cento (125 accidentes menos).


No que respecta á gravidade dos accidentes, en decembro de 2009 rexistráronse 4 sinistros de carácter mortal, fronte aos 6 que se detectaron no mesmo mes de 2008. En concreto, dous destes accidentes foron no sector da pesca e outros dous no sector servizos.

Se se ten en conta o número de traballadores afiliados, a orde das provincias, segundo o índice de incidencia (de menor a maior sinistralidade) sería o seguinte: Lugo, Ourense, A Coruña e Pontevedra. Así, Lugo é a provincia con menor índice de incidencia. Para esta valoración contabilízanse os afiliados nos cinco sectores habituais que teñen a continxencia de accidente laboral cuberta.

Por sectores, e facendo tamén a comparación co mesmo mes do ano anterior, o que experimentou a maior baixada do número de accidentes en xornada laboral foi o da construción, xa que experimentou un descenso de 261 accidentes laborais (33,68 por cento menos), seguido da industria ,cunha diminución de 252 accidentes (23,84%).

Estas comparacións deben orientativo de xeito cualitativo, por mor da diferenza que supón o emprego de diferente Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) nos anos 2008 (CNAE 93) e 2009 (CNAE 2009), o que non nos permite facer unha comparación cuantitativa, ao diferir o encadramento das empresas nos sectores de actividade.



Datos acumulados de 2009
Entre xaneiro e decembro de 2009, rexistráronse en Galicia un total de 39.650 accidentes en xornada laboral, 10.713 menos que durante o 2008, o que supón un descenso relativo do 21,3 por cento.

Por provincias, segundo os datos acumulados, Pontevedra foi onde se rexistrou o maior descenso (tanto en número total de accidentes ocorridos como en porcentaxe) ao pasar dos 20.035 de 2008 aos 14.792 de 2009 (5.243 accidentes menos, un 26,1%).

A Coruña situouse no segundo lugar (3.817 accidentes menos, 18,01%), seguida por Ourense (cunha diminución de 853 accidentes, 19,09%); e Lugo (800 accidentes menos, 17,15%)

Segundo o número de traballadores afiliados, e os datos acumulados de 2009, a maior diminución da incidencia tivo lugar nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo por esta orde, sendo Lugo a provincia con menor índice de incidencia de accidentais totais acumulados

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here