Avance implacable de la TDT en Galicia : ya queda menos para que el apagón analógico sea general - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

Avance implacable de la TDT en Galicia : ya queda menos para que el apagón analógico sea general

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A día de hoxe son xa máis de 457.000 os galegos que teñen acceso único á televisión dixital terrestre, logo de que este martes se sumasen outros 18 concellos de Ourense e do sur da provincia de Lugo e outras 51.600 novas persoas a esta tecnoloxía.

Así, hoxe producíronse os primeiros ceses analóxicos na área técnica de Meda, concretamente, nos centros de Celanova, A Bola, Bande, Bande II, Chantada, Chantada II, Allariz e Xinzo. Os apagados afectan, total ou parcialmente, a 18 concellos: Allariz, Baltar, Bande, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Celanova, Chantada, Muíños, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía e a unha poboación de 51.600 habitantes.

A normalidade segue a ser a tónica dominante neste proceso de implantación da televisión dixital terrestre en Galicia que están a levar a cabo o Executivo autonómico, a través da Secretaría Xeral de Medios, e o Goberno central.

Ademais, as incidencias puntuais que se poden producir en determinados lugares están sendo solucionadas, coa máxima celeridade, polos técnicos de Retegal e das empresas instaladoras. Así mesmo, continúan manténdose contactos diarios cos alcaldes para analizar as distintas incidencias e coordinar solucións rápidas para as persoas que finalmente quedan en zona sen cobertura.



Post Bottom Ad

Responsive Ads Here