125 nadadoras en la Competición de Figuras de Base 09-10 de natación sincronizada - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

30/1/10

125 nadadoras en la Competición de Figuras de Base 09-10 de natación sincronizada

MARIN.(MORRAZO-TRIBUNA).-A piscina da Escola Naval Militar de Marín acolleu hoxe a Competición de Figuras de Base 09-10 de natación sincronizada na que se deron cita 125 nadadoras de diferentes idades. O evento, organizado pola CNS Sincronizada Pontevedra e a FEGAN, contou, entre outros, co patrocinio da Deputación de Pontevedra.
Das 125 nadadoras, 46 participan na categoría Base I e 79 na de Base II. Pola súa banda o CNS de Pontevedra aportará 27 deportistas, sendo 11 de Base I e 16 de Base II.
A categoría Base I comprendeu a nadadoras nacidas no ano 1998 e posteriores (ata os 12 anos), mentres que en Base II estiveron as nacidas en 1997 (maiores de 12 anos). En canto á fórmula de competición, a cada participante tocoulle realizar catro figuras, dúas obrigatorias e dúas opcionais. Dentro da categoría Base I foi obrigatoria a realización dun mortal de espaldas encollido e un veleiro alternativo, e entre as figuras opcionais estivo a marsopa e a peixe espada. Pola súa banda, na categoría Base II obrigouse á posta en escea da postura coñecida como perna de ballet simple e un mortal de fronte en carpa, e deuse a opción de realizar a figura denominada neptuno e a barracuda.
Os clubs participantes, procedentes das catro provincias galegas, foron oito: Aguamarina (achega a 14 nadadoras), Acuatic Coruña (5), Sincro Ferrol (13), Portamiñá (7), Sincro Ourense (21), Natación Galaico (12), RCN Vigo (26) e Sincro Pontevedra (27).
As sesións deron comezo pola mañá ás 11:00 horas e pola tarde ás 17:00, mentres que o quentamento arrancou unha hora antes (ás 10:00 e 16:00 horas, respectivamente). Na sesión matinal leváronse a cabo as figuras obrigatorias dos dous niveis; na vespertina realizáronse as optativas de ambas categorías tamén. Ó fin da xornada e a modo de cerre tivo lugar un desfile no que participaron as 125 nadadoras e se fixo entrega dunha medalla a cada unha das tres primeiras clasificadas de cada categoría.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here